PORTAS ABERTAS AO PATRIMONIO! 16 DE NOVEMBRO DÍA DO PATRIMONIO
O MDCL participa co Consello da Cultura Galega e xunto a outras “institucións da memoria” do país na visibilidade do legado dos nosos devanceiros e devanceiras, aqueles e aquelas que fixeron de nós un pobo, unha civilización, e que nos legaron o patrimonio presente. Un patrimonio que está vivo, que é transversal e mesmo o noso ADN.
PATRIMONIO, MEU AMOR! GOZANDO DO PATRIMONIO!
Englobada nesta acción conxunta e transversal o MDCL abrirá as súas portas de balde o día 16 de novembro para toda a cidadanía co gallo de festexar o Día do Patrimonio.
UNHA VIAXE ILUSTRADA!
O MDCL proponvos ademais, tamén de balde, dúas visitas guiadas á exposición permanente a cargo da Dirección Técnica. Ven ao MDCL e goza delas ás 12h e as 17h.
QUEREMOS QUE TE ACHEGUES, O COÑEZAS, O GOCES, O COMPARTAS E TAMÉN O COIDES! VEN GOZAR DO TEU PATRIMONIO!